Zumba solidaria en Cangas

O sábado 13 de agosto, a Alameda J. Félix Soage de Cangas acollerá unha Masterclass de Zumba impartida por Nerea Sotelo Tiebo, ás 21:30 horas. Trátase dun evento benéfico organizado pola Asociación ADICAM e que conta coa colaboración da Fundación Cangas Deporte e do Concello de Cangas.  
O evento desenvolverase nas inmediacións da Alameda de J. Félix Soage, durante aproximadamente unha hora, e nel poderá participar todas as persoas interesadas, independentemente do seu sexo e idade.  
Xa é o segundo ano que se celebra este evento e neste caso unimos hábitos saudables e investigación. Pasaremos un serán divertido facendo deporte por unha boa causa.  
Para poder participar na actividade haberá que facer un donativo de 3€ destinado a proxectos de investigación. Convidamos a toda a veciñanza e as persoas visitantes a colaborar con nós enchendo de xente a Alameda J. Félix Soage. 
  


Data: 13/08/2016 00:00 - 13/08/2016 00:00